25 febrero 2007

O´RAXO

Aquela noite viña ben, ou tiña aparenza, a lume da lareira quentaba, co fume caron dos candiles e o patron cos ollos pechados, despois de cear, coma sempre; falou quediño, vai chover, inda no terminara de falar cando estalou a tormenta. Tronos, raxos por riba da casa, estalidos das forzas infernales, ... e dixo o patron: o´demo vai de festa, vai facer das suas.-Cale o cale-dixerenlle... pero non calou, botou a falar.Fai anos houbo outra e foi boa, matou o Anxel da Corredoira ?e como sucedeu? Dixemoslle ?Inda acordome ben! Anxel araba nas escabadas, no bico do agro, esmoreceu a tarde, os tronos aturdian, veuse ca xunta das vacas pra casa e cando desxuncia no portal, veulle o rayo, entroulle por un corno a vaca marela, e a el abrasouno a el enteiro. Cando saliron a muller mais o fillo, no portal cheiraba a carne, a quiemsada nas brasas, chegou primeiro o cativo, viu o pai ferido de morte, cos ollos salidos do seu lugar, queimado como si fora un tizon, mentras sua mai berraba desesperada, polo seu home e pola morte da vaquiña, e tirouse riba do Anxel, Foino apretar, é desfizoselle nas maus, como a cinsa; quedouse perplexa ¡O rapaz, non volveu a ser u mismo!. Os demais membros da familia, pai, mai e tamen u irmau de Anxel, non atreveronse a botarse fora, a cadela fuxiu é non se volveu saber dela, e inda hoxe, no portal da Corredoira, cheira a coiro queimado.

Fora da casa, mentras o vello falaba, abrironse o ceos, a chuvia petaba no tellado querendo desfacelo, na cociña miranbanse uns a outros, encontrando o patrón nos brazos do sono, chamanrono e volveu en si, botando mau a botella do aguardente, encheu a gorxa, cando petaron na porta....isto serache outra cousa mais adiante y si quieres ver más:

http://www.fillos.org/fillos/atopadoiro/atopaminibanner.gif

No hay comentarios: