17 mayo 2013

CACHORRO DE LOBO

DE HOXE PRA HOXE
MEU PEQUENO HOMENAXE AS LETRAS GALEGAS


Cando vivía na aldea, fai moitos anos, tiven o primeiro encontró co lobo, un achegamento fortuito.
Aquel día andaba co gando no bico do agro, alí onde comeza o monte, cando chamou a miña atención uns gemidos de dor que procedían da maleza que rodean a pedra e o pedernal de Trouxal; os aullidos ían en aumento mentres me achegaba indagador, pensando en Canelo, o meu amigo, un can de palleiro que tivemos na casa que non se separaba do meu lado excepto cuan íbamos ao monte, entón me abandonaba antes de chegar; nunca souben porque o facía. Os quexidos fixéronme chegar ao lugar e, zas, alí, un lobezno atrapado entre dúas pedras...
Aínda hoxe non sei como o fixen pero conseguín sacalo do seu aprisionamiento sen ferirlle e aqueles tenros ollos, case recentemente abertos, pois non tería máis de catro ou cinco semanas, miráronme con tanto agradecimiento que resulta difícil expresalo. Collino nos meus brazos, éncheino de caricias e tan disposto estaba a levalo comigo que non me decatei da presenza da loba ata que non escoite un gruñido próximo que me fixo levantar a mirada mentres o meu coiro cabelludo se erizaba... Baixeino o chan sen apartar a mirada da loba mentres o lobezno renqueante dirixíase a ela. Non sei canto tempo transcorreu, seguramente pouco, para o meu recordo unha eternidade, pero si sei que non esquecerei aquela cara do lobezno cunha mancha negra ao redor dos seus ollos que lle daban a aparencia de ter un antifaz, como non esquecer ultíma mirada de gratitud coa que me obsequio antes de desaparecer trala súa nai...