24 abril 2014

O PÍCARO GALEGO


CONTOS, LEENDAS E HISTORIAS DA COMARCA DE ANCARES

Anda nestes días circulando polo mundo cultural a noticia dun estafo ou engano no que se atopa involucrado un galego.. (O PAIS/CULTURA/Miguel Anxo García Vega/24 Abril 20014) O paisano en cuestión, tal parece que é nado en Guitiriz (Lugo) fai 60 anos e segundo din del é un home afable, amante da arte con don de xentes, ben relacionado nos círculos neoyorquinos... e agora... e un pícaro galego.
A historia na que se ve inmerso o pícaro galego, hoxe detido por fraude, daría comezo polos anos oitenta do pasado século e consistía en falsificación de obras de arte durante máis de trinta anos. Tal parece que o paisano, de apelido Bergantiños, contratou os servizos dun descoñecido, Pei-Shen Qian, de orixe chinesa, para imitar estilos de “consagrados” pintores estadounidense, e o “artista” imitador, que non copiador, grazas ao “pícaro galego”, colgou as súas pinturas nas mellores galerías e museos. ¡ Olé, Olé, e Olé ! Grazas a Bergantiños, delitos aparte, descubrimos un gran artista, Pei-Shen Qian e a súa capacidade para crear "novas obras" de pintores desaparecidos, ou ben que estes pintores non eran tan “grandes artistas”. Grazas a “Bergantiños” o meu paisano, o pícaro galego, descubrimos que fácil é pra algúns mencionar a Galicia e aos galegos en noticias intrascendentes ou pouco edificantes e canta dificultade teñen en facer sitio para as interesantes e boas. É evidente que “pícaro galego” non vén a conta nesta noticia e só motiva esta resposta; en nada contribúe ao esclarecimiento do feito. Sobra a mención, o pícaro galego, a menos que Miguel Argel García Vega teña algunha causa pendente contra Galicia ou os galegos. De ser así propiciaría outra aptitude.

XARDONMANROFER
Puedes leerla LA ENTRADA en castellano en VIENTOS DEL NEIRA