05 junio 2020

LUVAS BRANCAS

CONTOS, LEENDAS E HISTORIAS DA COMARCA DE ANCARES




Nos días de choiva fina, esa choiva que quere parecerse ao orballo da miña terragalega, asáltame a nostalxia e nela veñen recordos da miña infancia. Luvas brancas é un historia real aínda que os nomes e as personas sexan ficticios.

O meu avó *Dositeo mestre non ejerciente, dos de antes da guerra civil española, dedicouse un tempo a preparar a admisión de mozos que querían ou desexaban ingresar na Garda Civil.
¡Tempos aqueles que moito cambiaron!
Falo de épocas pasadas, dos anos 50 do pasado século nunha aldea galega, desas que algúns chaman rurales ás súas moradores. Naqueles anos era normal que os educados ou leidos ensinasen aos fillos das familias da aldea que estivesen interesados xa que nin mestres había.
Os alumnos do meu avó Dositeo, eran especiais, ademais de pagar relixiosamente, debían colaborar ou axudar nas tarefas domesticas necesarias, facíano e fixérono, normalmente, ao terminar a xornada.
Aqueles aspirantes a Gardas Civís, completada a xornada terminaban o día
alimentando porcos, vacas e terneros, realizando traballos necesarios para manter a casa; aqueles que menos se aplicaban debían ir en busca de auga a un manantial bastante afastado para encher un gran tonel destinado ao fornezo da casa. O tonel estaba instalado nun carro ao que só había que enganchar ao burro encargado da tracción...
Contalo non é o mesmo que vivilo, e ata aquí todo parecería normal para aqueles anos...

O meu avó vivía só na casa sen outra axuda que a de Maruxa, unha criada que envelleceu servindo na casa; alguén tiña que facer os labores que el avó desatendía mentres impartía clases... Contalo hoxe tampouco é o mesmo que vivilo fai 60 anos, vendo a Rocin, o burro ao que o meu avó estimaba case con adoración, cría o meu avó que o burro sabia en todo momento a faena que lle tocaba facer, dicía que rebuznaba para advertir aos demais...
Podedes crerme, eu mesmo ví como detectaba aos que lle maltrataban e a quen non o facían, comprendín que avisaba de cando tiñan que engancharlle ao carro do tonel e desta forma sabiamos que a auga acabábase e era necesario ir reencher o tonel.
Gardo recordos daqueles tempos entre eles os de ver que eran sempre os mesmos alumnos facendo as mesmas tarefas; as máis duras para os máis torpes, e deixou pegada na miña ver como lles pedía superación: “superarse un mesmo”, non superar ao veciño, esa é a virtude. Aínda hoxe penso que tiña razón.
Hai lagoas na miña memoria e teño claro como o avó logo de caer da egua que era a envexa dos alrededores e saír tan malparado decidiu non volver montar nela e comprar un asno, iso si, nunca deu explicacións por moito que lle preguntasen.

Casí todos entendemos a Rocin e o seu xeitos de actuar; todos menos Lois do Neto era dos alumnos máis torpes e antigos dos que preparaba o avó, era tan falto de habilidade que ata do burro tiña envexa e mostrába ao apalear ao burro en canto desaparecía da vista do avó.
O burro aguantaba as malleiras fóra de casa pero había que velo rebuznar mentres Lois aguantaba as mostras de enfado do avó pola tardanza.
Un día, fun co meu pai e o avó Dositeo a Lugo, estando os tres comendo un unha pulpería, entraron catro homes saudando ao meu avó moi efusivamente, e entablaron unha longa conversación. preste oído, cheo de curiosidade pois me pareceu que estaban falando de Lois do Neto, escuche, alto e claro “Dositeo, ese nin coas luvas brancas aproba”...
De regreso a casa, varias veces preguntei ao meu pai que era iso das “luvas brancas” ¡Todos os alumnos do avó ten que ir examinarse con luvas brancas, así se asegura que non van suspender!.
Anos máis tarde entendín que os hai que non os cambian nin con ?luvas brancas?
Lois do Neto nunca conseguiu ingresar na Guardía Civil.
Así foi, e así o conto.

No hay comentarios: